En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: documental, conto, poema, cantiga, diálogo teatral, para (re)crear historias e convocar presenzas de artistas, os trobadores e as soldadeiras, de mulleres pioneiras, as primeiras raíñas, e de amores que aínda hoxe nos poden sorprender. Compoñen este tapiz mutante as evocacións dos trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, da soldadeira María Balteira, das raíñas Sancha e Urraca, dos amores entre Pedro e Munio e entre María Leve e Sancha Pérez, alén doutras figuras citadas. Este libro contén unha dramaturxia que é como un xoguete que nos convida a unha viaxe no tempo, utilizando como vehículo o teatro. Unha viaxe que se pode desfrutar de dúas maneiras: xogándoa nos escenarios dos teatros que a alumaron, ou xogándoa nos escenarios da nosa mente, estimulada pola lectura deste libro. Trátase, por tanto, dunha viaxe na que a documentación fixo xermolar a imaxinación e a fantasía para recuperar ou recrear os primordios da historia dun pobo singular, da súa lingua e cultura. Todo isto desde unha perspectiva e unha sensibilidade inéditas até agora.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.