En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Os seis contos de Todos aínda aquí transcorren baixo a sombra da violencia política no norte de Irlanda e exploran as formas en que o pasado histórico continúa poboando o presente íntimo dos seus inesquecibles e singularísimos personaxes. O eco dos medos herdados, dos silencios familiares e das identidades en disputa resoa en cada unha das historias de Liadan Ní Chuinn, quen, cunha prosa austera, exacta e chea de personalidade, é capaz de compoñer unha obra delicada e feroz ao mesmo tempo, onde o persoal e o político se entrelazan de xeito brillante. Un debut literario extraordinario que, segundo The Irish Times, debe ser considerado un dos grandes fitos da literatura irlandesa do século XXI.
Sen dúbida, o libro de contos do ano. Malia tratarse de relatos abertamente políticos e desafiantes, latexa neles o misterio da vida. Anuncian a chegada dun talento novo e extraordinario.
The Guardian
Estes relatos sobre Irlanda e a súa historia recente abordan a realidade das vidas dunha maneira que moi poucas obras actuais o conseguen, e ao facelo transforman e revitalizan as propias posibilidades do conto como xénero literario. Dous destes contos xa están entre os meus favoritos de sempre.
Ali Smith
Liadan Ní Chuinn naceu no norte de Irlanda en 1998. Despois de publicar relatos en prestixiosas revistas literarias coma Granta ou The Stinging Fly, Todos aínda aquí é o seu libro de debut e converteuse nun acontecemento literario internacional.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.