Avanzada

Libros

NO PAÍS DAS VACAS
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

NO PAÍS DAS VACAS

978-84-9782-696-9 / 9788497826969

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española.



Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións iconográficas onde aparece a vaca, dende o baixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao na campaña a favor da Autonomía; dende as esculturas de Asorey ás cerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seu protagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión.



O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos, os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto ("Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas"), que aborda o aspecto histórico; e do xornalista Julián Rodríguez ("Moita máis luz que sombras"), que achega os datos económicos básicos sobre a actual situación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios, diversos testemuños escritos protagonizan a mirada plural de como ven a vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende a complicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia da súa nenez ou dende unha visión urbana.



Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores e lectoras coñezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importancia na sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha das iconas da nosa identidade do século XXI.

Otros libros del autor LOBATO SANCHEZ, XURXO

Portada No Disponible
ROSTROS DA CORUÑA

978-84-09-48665-6

LOBATO SANCHEZ, XURXO

AIRIÑOS AIRES ROSALIA
AIRIÑOS AIRES ROSALIA

978-84-608-5688-7

LOBATO, XURXO, LOBATO SANCHEZ, XURXO

Otros libros de la colección GRANDES OBRAS. EDICIONS SINGULARES

A CIDADE E OS DIAS
A CIDADE E OS DIAS

978-84-9782-716-4

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA

Otros libros la materia Fotografía.

Portada No Disponible
EN BLANCO INÉDITO

978-84-09-75062-7

SÁNCHEZ MONTALBÁN, FRANCISCO JOSÉ, PERALBO CANO, RAFAEL

Portada No Disponible
IMATGE I RECERCA

978-84-8496-330-1

Portada No Disponible
LES GENS QUE J'AIME

978-84-8496-325-7

Portada No Disponible
ATHLETIC CLUB GABARRA

978-84-09-74842-6