Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios " La Voz de Galicia " e " De Luns a Venres " . En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, " De remate " , e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con " Quen dá a quenda? " (Xerais, 2016). Nese mesmo ano a súa obra " A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) " (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con " Once portas " (Xerais, 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con " Denébola a Roxa " . Publicou, ademais, as novelas " O segredo da casa de Fromoso " (2017) e " Nova Nursia " (Xerais, 2018). É o autor da tradución ao galego da novela " O gardián invisible " , de Dolores Redondo. Ademais, participou na redacción do " Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato " (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.