Antón Reixa (Vigo, 1957) é escritor, músico e cineasta. A súa obra literaria comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos -e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social-, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. É sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país. Como poeta publicou As ladillas do travesti (1979), Historia do rock and roll (1985), Ringo Rango (Xerais, 1992), Viva Galicia Beibe (1994, Xerais, 2016), Escarnio (1999), Látego de algas (2008), Leccións de cousas (2011) e Algo raro pasa raro (2015). Xerais publicou en 2012 o seu libro de conversas con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso co título Antón Reixa. Ghicho distinto.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.