Avanzada

Libros

Autor: BLANCO GARCIA, CARMEN

Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesía, narrativa e ensaio.

Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011).

Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008).

Como ensaísta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: política e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), Uxío Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010).

É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesía, como María Mariño (2007) ou, con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez Ferrín, e Os eidos (Xerais, 1990) de Uxío Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas.

Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ángel Valente ou José Agustín Goytisolo, e poemas da serie "Lobo azul".

Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de Rodríguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), así como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor. E fixo o logotipo de Unión libre.
Portada No Disponible
PUB: CONVERSAS CON RICARDO CARBALLO CALERO (LETRAS GALEGAS

978-84-9151-537-1

BLANCO GARCIA, CARMEN

CONVERSAS CON RICARDO CARBALLO CALERO (LETRAS GALEGAS 2020)
CONVERSAS CON RICARDO CARBALLO CALERO (LETRAS GALEGAS 2020)

978-84-9151-444-2

BLANCO GARCIA, CARMEN, CARBALLO CALERO, RICARDO

ABADESSA, OI DIZER
ABADESSA, OI DIZER

978-84-16545-09-4

AUTORES VARIOS, BLANCO GARCIA, CARMEN, LADO LARIÑO, MARIA, MARTÍNEZ DELGADO, VERÓNICA, MIRAGAIA RODRÍGUEZ, RAQUEL, MOURE PEREIRO, TERESA, PEDREIRA LOMBARDIA, EMM

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

978-84-16533-62-6

BLANCO GARCIA, CARMEN

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

978-84-15876-96-0

SALGADO RODRIGUEZ, XOSE MANUEL, BLANCO GARCIA, CARMEN

OS EIDOS. O LIBRO DO COUREL
OS EIDOS. O LIBRO DO COUREL

978-84-9914-120-6

NOVONEYRA, UXIO, BLANCO GARCIA, CARMEN, RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO

ATRACCIÓN TOTAL
ATRACCIÓN TOTAL

978-84-9782-759-1

BLANCO GARCIA, CARMEN