Avanzada

Libros

Autor: BLANCO, ALBERTE

Alberte Blanco Casal (Cobres-Vilaboa, Pontevedra, 1951), escritor, enxeñeiro e profesor de ensino secundario. Colabora no diario dixital «Praza Pública», na revista «Grial» e na publicación periódica do «Fórum Galaico Transmontano de Chaves» (Portugal). Na actualidade é columnista do xornal «Nós Diario». En calidade de Director Xeral de Montes (2005-2009) participou na obra colectiva «Os in-cendios forestais en Galicia» (2006), editada polo Consello da Cultura Galega. «Arcadia. Os gardiáns do segredo» (2013) é a súa primeira novela. En 2015 a Deputación de Ourense publicou a súa obra de investigación «O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histó-rica ao período 1840-1930». En 2017 publicou «O Códice esmeralda» (Xerais), finalista do Premio Xerais de Novela en 2015. Tamén en 2017 «Sermos Galiza» edita a obra colectiva «O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional», na que participa como relator e coordinador. En 2019 publica «Memorias da brétema», un libro de investigación histórica, crónicas e memorias da infancia. «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» (Xerais, 2021) é a súa primeira obra na colección Crónica.
Portada No Disponible
A SOIDADE DO INQUISIDOR

978-84-1110-559-0

BLANCO, ALBERTE

O CODICE ESMERALDA
O CODICE ESMERALDA

978-84-9121-159-4

BLANCO, ALBERTE