Nones Araújo (Riós, Ourense, 1953) naceu a carón de castiñeiros centenarios. Mestra xubilada, deu clase de Lingua nos anos 70 na segunda etapa de E.X.B. no colexio Dr. Fleming, e educación infantil no CEIP de Balaídos. Nos últimos anos exerceu tamén de profesora de Lingua en educación secundaria no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Comezou a escribir e a participar en certames literarios que a animaron a manter as neuronas con saúde. En 2020 conseguiu o VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil. En 2021 gañou o XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo con Imaxes roubadas (Xerais, 2022) e o Certame Literario Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro. Recibir a gratitude do seu alumnado, ver felices aos seus e escoitar o río pola noite na aldea contentan, xunto coa escrita, o seu retiro dourado. (Foto da autora: Xexé)
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.