Inma Otero Varela (Carral, 1976) é licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega. Actualmente traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES David Buján de Cambre. Foi lectora de galego na Universidade La Sapienza de Roma entre 2003 e 2008. Colabora como crítica literaria no suplemento «Sermos» do xornal «Nós Diario», en «Grial» e na web italiana «Insula Europea», entre outros medios. Combina estas tarefas coa investigación literaria, a tradución e o ensaio, desde o interese polos cruzamentos entre a literatura e a filosofía, como xa amosaba a memoria de licenciatura «O posmodernismo no sistema literario galego» (2007). Algunhas das súas publicacións no eido da literatura son o monográfico «Criminal. Eu é. Dúas novelas de Xurxo Borrazás» (2000) e «A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura» en «Anotacións sobre literatura e filosofía», nº 6 (2014). No ámbito da filosofía traduciu a obra «Emerxencia» de Maurizio Ferraris (2017) e publicou «O obxecto muller e o xiro ontolóxico» (2021). «A materialidade das fillas de Lupa» (Xerais, 2022) é o seu último libro publicado.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.