Avanzada

Libros

Autor: LODI, SANDRA

Sandra Lodi é unha ilustradora, deseñadora e artista plástica lucense afincada en Santiago de Compostela. Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca, época en que tamén tivo a oportunidade de coñecer o método de produción creativa da Accademia di Brera (Milán). Actualmente publica as súas ilustracións na revista satírica Mongolia e na publicación semanal El Estafador, ademais de colaborar con outros xornais como ilustradora de prensa. No ano 2019 foi premiada co 2º Premio Curuxa de Humor gráfico do Museo Xaquín Marín e no ano 2021 a súa obra pictórica foi seleccionada na XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico. En 2022 recibiu o 1º Premio no combate mural do Culturbán (Lugo), así como en 2023 no IV Certame de Pintura do Festival de Cans. No ano 2024 foi gañadora do IV Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado, coa obra Papóns.
PAPÓNS
PAPÓNS

978-84-1176-325-7

LODI, SANDRA