FRANCISCO CALO LOURIDO (Porto do Son, 1948), Licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos, ensinando actualmente no IES " Torrente Ballester " de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC. Recibiu o premio de investigación " Antón Losada Diéguez " (1995 e 2011), o colectivo " Otero Pedrayo " (1979) e varios premios á creación literaria. Patrón do Museo do Pobo Galego, do que foi secretario da Xunta Reitora, correspondente da Real Academia Galega, membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, etc. Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía, traballando en numerosos xacementos arqueolóxicos asturianos, portugueses e galegos e dirixindo as escavacións e consolidación do Castro de Baroña. Entre as súas publicacións, con máis de 150 títulos, cómpre salientar: La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son (1978); As artes de pesca (1980); " The Seafaring Fishing Family as an Economic Community in Porto do Son (Spain) " , (Budapest, 1984); Xentes do mar (1996); Edición facsimilar e estudo de Cornide: Memoria sobre la pesca de sardina en las costas de Galicia (1997); Castro de Baroña. Campañas 1980-84 (1986); A Cultura Castrexa (1993); A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa. 2 tomos (1994); La Galice est-elle celtique? (La Bretagne, 1996); " Prehistoria e Idade Antiga " In VV.AA.: Historia de Galicia (1997); Castro de Baroña (1997); Fainas do Mar. Vida e Trabalho no Litoral Norte, (Porto, 1999); El icono guerrero galaico en su ambiente cultural (Deutsches Archäologisches Institut, 2003); O castro: da aldea autárquica á cidade desenvolvida (Penafiel, 2005); Os Camiños de Santiago na Península, do s. XI ao s. XXI (2005), Caras de Pontevedra (Concello de Pontevedra, 2006); O patrimonio marítimo de Galicia, primeira potencia pesqueira europea (2008); Do mar artesanal dos mariñeiros ao mar globalizado dos burócratas (2009) e Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia (Xerais 2010).. No eido da narrativa, destaca o libro de relatos, Salseiros (2001).
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.