Avanzada

Libros

Autor: COSTAS, LEDICIA

Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela "Unha estrela no vento" (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato "Negrita" no volume "Narradoras" (Xerais 2000). "O corazón de Xúpiter" (Xerais 2012) é a miña segunda novela, "Recinto Gris" (Xerais, 2014) a terceira e ' ' Un animal chamado néboa ' ' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con "Escarlatina, a cociñeira defunta" (Xerais, 2014), en 2016 publiquei "Esmeraldina, a pequena defunta" e "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015, en 2017 " A señorita Bubble " e " Os arquivos secretos de Escarlatina " , en colaboración co ilustrador Víctor Rivas, en 2018 " As peripecias de Extravaganzza Pérez " . Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados... E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario "Xardín de Inverno". Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA

978-84-9121-070-2

COSTAS ALVAREZ, LEDICIA, COSTAS, LEDICIA

ESCARLATINA, LA COCINERA CADAVER
ESCARLATINA, LA COCINERA CADAVER

978-84-698-0997-6

COSTAS, LEDICIA

ESCARLATINA, LA CUINERA DIFUNTA
ESCARLATINA, LA CUINERA DIFUNTA

978-84-489-3868-0

COSTAS, LEDICIA

ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA

978-84-9914-999-8

COSTAS ALVAREZ, LEDICIA, COSTAS, LEDICIA

ESCARLATINA, LA COCINERA CADAVER
ESCARLATINA, LA COCINERA CADAVER

978-84-698-0895-5

COSTAS, LEDICIA

UN ANIMAL CHAMADO NEBOA
UN ANIMAL CHAMADO NEBOA

978-84-9914-873-1

COSTAS, LEDICIA

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

978-84-9914-739-0

COSTAS, LEDICIA

RECINTO GRIS
RECINTO GRIS

978-84-9914-608-9

COSTAS, LEDICIA

CORAZÓN DE XÚPITER, O
CORAZÓN DE XÚPITER, O

978-84-9914-433-7

COSTAS, LEDICIA

PREMIO 2007 DE RELATO, POESÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO
PREMIO 2007 DE RELATO, POESÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

978-84-9782-722-5

SEGADOR LOPEZ, MIGUEL, COMESAÑA CAMPOS, ALBERTO, RODRIGUEZ CAEIRO, MARTIN, COSTAS, LEDICIA

UNHA ESTRELA NO VENTO
UNHA ESTRELA NO VENTO

978-84-8302-481-2

COSTAS, LEDICIA