En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Marilar Aleixandre, compañeira do consello de redacción de GRIAL e recentemente elixida membro do plenario da Real Academia Galega, coordina este numero monográfico da revista dedicado ao feminino. Feminismos (os) en plural, para salientar a diversidade de posicionamentos e perspectivas que o movemento amosa e que en parte están tamén recollidos nestas paxinas. Saleta de Salvador, Iolanda Martínez, Carmen Castro, Olga Castro, Encarna Otero e Mariam Mariño abordan a cuestión feminina dende a economia, a empresa, a organización social, a lingüística, a arte , tanto dende unha perspectiva universal como dende a tradición galega. Non é a primeira vez que GRIAL aborda esta cuestión, certamente representativa do noso tempo: a presenza da muller en todos os ámbitos da vida social, ideolóxica, filosófica, política O número 176, correspondente aos meses de outubro-novebro-decembro de 2007, estivera dedicado a "Xénero, sexo e sexualidade: unha ollada dende o feminismo", número que despertou grande interese, coordenado daquela por Dolores Vilavedra e María Xosé Agra. No mesmo número da revista (210) que se distribúe agora en librerías e entre os subscritores, abórdase a memoria do centenario das Irmandades da Fala, recuperando o epístolario entre Antón Vilar Ponte e o nacionalista catalán Joan Estelrich nos anos 20 do pasado século. O traballo vén contextualizado e anotado polo profesor Joaquín Ventura. GRIAL dedicará máis extensamente ás Irmandades da Fala o seu próximo número 211, correspondente aos meses de xullo, agosto e setembro. En certa maneira o traballo do profesor Ventura é un adianto. David Pintor amósanos un documentado e interesantísimo panorama da actual creación dos ilustradores galegos, acaso unha das manifestacións artísticas e de comunicación mais celebradas nos últimos tempos, con figuras recoñecidas mesmo internacionalmente. Luis Pérez Rodríguez recrea a relación entre Federico García Lorca e o escritor galego Carlos Martínez-Barbeito, coincidindo cos 80 anos do asesinato do poeta granadino e da edición dos seus "Seis poemas galegos" na editorial Nós. E Marta Gómez Ocampo ofrécenos un ilustrativo traballo de sociolingüística sobre a suposta "imposición do galego". No Sumario que se adxunta poden os lectores e lectoras pescudar con máis detalle os contidos deste número da revista GRIAL.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.