En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Victoriano Taibo obsequiou en 1955 ao médico oftalmólogo Antón Beiras García cun entrañable agasallo para os fillos, un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que o mestre galeguista dera forma literaria. Beiras García, comprometido coa causa galeguista, quixo educar aos seus fillos en galego. Inculcarlles a lectura e a escrita en galego non era doado naquel tempo porque carecía de material axeitado, así que mercaba libros en portugués. Por eso, Victoriano Taibo,amigo persoal de Beiras decidiu escribir, encadernar e obsequiar ao médico con aquela obriña única que titulou Contos pequenos, dedicada ao fillo Hixinio.
O IEM ofrece agora este opúsculo na súa versión orixinal acompañado de catro artigos de diversa índole un deles do propio Hixinio Beiras Cal, fala das súas lembranzas daquela época. Camiño Noia Campos incardina os contos dentro da folclore internacional mentres que Gonzalo Navaza Blanco fai un estudo do léxico e das expresións empregadas; e Xesús Alonso Montero cóntanos a historia externa do manuscrito.O volume incorpora ao final un glosario das palabras que, sendo galegas, non se atopan no dicionario da RAG e unha versión actualizadada do texto dos contos coa dobre finalidade de facilitar a lectura do manuscrito e de que sirva como libro de lectura para cativos en idade escolar, ilustrado por Fino Lorenzo.
Este volume, concibido como unha unidade, desmémbrase en tres libros que poden ser lidos independentemente, facilitándolle ao lector o uso que desexe facer da información aquí ofrecida. Conteñen, respectivamente, as partes comentadas máis arriba, é dicir, a edición facsimilar, o conxunto de artigos de acompañamento e a versión actualizada. Unha faixa envolvente que serve de portada do conxunto, deseñada igualmente por Fino Lorenzo, consegue a unidade antes mencionada.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.