En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Desde a perspectiva da teoría poscolonial e a subalternidade, Transmigrantes. Fillas do precariado preséntanos un contradiscurso para cuestionar a idealización da nova emigración interior europea, sinalando ademais os varios retos aos que o precariado transmigrante actual ten que facer fronte a causa da súa depreciación como capital humano. Traenos a voz dunha xeración que padece de anacronismo, a voz desas galegas e galegos que ven alén das súas fronteiras o único xeito de supervivencia. Crítica minuciosa pero sen concesións, sentimental pero non emotivista, dun estado de cousas que, de non buscar solucións inmediatamente, creará problemáticas aínda máis fondas, no tecido político e social contemporáneo, das que ten provocado até o de agora.
Nacida na veciñanza de Matamá (Vigo) María Alonso licenciouse en Filoloxía Inglesa e Hispánica, doutorándose no ano 2014 pola Universidade de Vigo cunha tese sobre diásporas e ficcións culturais, publicada como Diasporic Marvellous Realism. History, Identity and Memory in Caribbean Fiction (Brill, 2015). Actualmente reside en Edimburgo, onde leva a cabo diferentes proxectos que varían dependendo da conxuntura do momento. Adícase á escrita de ficción e poesía en lingua galega e inglesa. A súa primeira novela foi Despois do cataclismo (Urco Editora 2015). Ten publicado tamén varios relatos en antoloxías e revistas de creación literaria.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.