Avanzada

Libros

REVISTA TEMPOS NOVOS Nº 242 XULLO 2017
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

REVISTA TEMPOS NOVOS Nº 242 XULLO 2017

/ 9771137694004

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios


Temas: Anxos Sumai, Banco Popular-Pastor, Fundación Barrié, Galicia, Jordi Guixé Coromines, Justo Beramendi, Luís Villamor, Memoria Histórica, Observatorio Europeo de Memorias, sumario, Tempos Novos, Xurxo Borrazás
Número 242 de TEMPOS NOVOS
O investigador e profesor de historia económica, Xoán Carmona, e o economista e ex director xeral do banco Pastor, Enrique Sáez, parten da caída do Popular (o banco nodriza do Pastor desde que o adquirira hai case cinco anos) para analizar e interpretar a desaparición do buque insignia do que durante tantos anos foi o «imperio Barrié». Tamén funcionou niso o mal fado: os Botín, que en tantas ocasións tentaron inutilmente engulir o Pastor, conseguírono á fin por un euro simbólico (o prezo pola adquisición do Popular+Pastor). Coa Fundación nas súas horas máis baixas, empobrecida de recursos e moi posiblemente tamén coas horas contadas, coa que fora a xoia da coroa, Fenosa, absorvida por Gas Natural, e coas industrias que formaron parte do emporio noutras mans (Astano, nas do INI), a entrega do seu buque financeiro ao Santander non é senón a ACTA DE DEFUNCIÓN do que foi o imperio Barrié.
Jordi Guixé Coromines, director do Observartorio Europeo de Memorias, reflexiona nesta entrevista sobre a situación da recuperación das vítimas do franquismo, sobre o presuposto cero de Rajoy para esta partida e sobre o Val dos Caídos.
O machismo na política. Asisitimos ao inmenso cambio social que está a proporcionar o paradigma feminista. É mpoito máis que un movemento social, un fenómeno sociolóxico puntual ou un xeito individual de entender a vida. Trátase dun complexo e profundo sistema de ideas. Un artigo de María Xosé Porteiro.
Justo Beramendi asina a súa análise dos últimos movementos da política despois dos acontecementos: as fallidas mocións de censura aos gobernos de Cifuentes e Rajoy, a liquidación do Banco Popular-Pastor, a sentenza de insconstitucionalidade da amnistía fiscal de Montoro, a presentación do referendo catalán…
E moito máis que saber e coñecer no novo número de TEMPOS NOVOS.