En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García (1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a vez agora do profesor Francisco Fernández Rei. Este volume ofrecido a Paco ábrese coas achegas de tres dos seus amigos e colegas, que proporcionan un relato persoal e entrañable do percorrido dun investigador e profesor (un cambadés fidalgo e soñador, en palabras de Antón Santamarina) consagrado á dignificación da lingua galega e de Galicia.Tras esta introdución, o libro divídese en tres partes: na primeira atópanse cuestións de sociolingüística xeral e aplicada; na segunda, contribucións moi variadas tanto no que concirne ás ámbitos románicos (seis linguas románicas minorizadas) como ós enfoques e ás temáticas tratadas; na terceira, situacións sociolingüísticas complexas nas que a nación de fronteira (lingüística e/ou política) é determinante.O conxunto serve para poñer de relevo unha das liñas de investigación cultivadas por un catedrático de Filoloxía Románica que, sen descoidar as persoas, estuda as linguas. Pois para Paco, como di o vello poema hoxe convertido en himno, Limba noastra-i o comora: a nosa lingua é un tesouro.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.