En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse sobre todo en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e tamén de ámbito español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídas pola Axencia EDIM. Tamén publicou en revistas que se difundían en todo o Estado, como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta publicou a súa obra tamén en xornais e revistas pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa norte, de publicar unha escolma co título de Cartafol de poesía. Elixido alcalde de Bueu (Pontevedra) polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros, e mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois de un consello de guerra, foi condenado a ser fusilado, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril do 1937. A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua ) e por xéneros xornalísticos e ordenados cronoloxicamente.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.