En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Nunha aldea de nome ficticio nas proximidades de Vilalba, Cunqueiro, convertido en personaxe literaria, exerce un poder benéfico derivado da súa popularidade e bonhomía, cal eficaz conseguidor disposto a apoiar as causas nobres e xustas dos protagonistas do relato.
O marco xeográfico en que a acción de "Os milagres de Vilaseca do Río" se desenvolve non se afasta moito da área mindoniense, pois ten o seu centro nunha aldea de nome ficticio nas proximidades de Vilalba, terras por onde Cunqueiro, convertido novamente en personaxe literaria, exerce un poder benéfico derivado da súa popularidade e bonhomía, cal eficaz conseguidor sempre disposto a apoiar causas nobres e xustas con base nos seus múltiplos saberes e nas súas privilexiadas relacións persoais. Mantéñense tamén "Os milagres de Vilaseca do Río" nun ámbito temático moi próximo ao do grande escritor mindoniense, pois permanece en certo modo o curandeirismo presente en novelas anteriores, agora a través da acción sanadora do balneario construído en Vilaseca do Río, e incorpórase outro tema igualmente ben cunqueiriano, o do viño que se vai producir nesa modesta aldea pola intercesión milagreira do seu santo patrón Isidro Labrador. Dous mundos, por tanto, o do termalismo e o da produción vinícola, ben tradicionais e populares na sociedade galega, que gardan relación entre si, pois ambos precisan da auga como elemento motor e tamén os dous se asocian ao lecer e ao gozo dos praceres da vida. Todo isto narrado a través dunha sinxela historia de amor, que desemboca en feliz matrimonio, sendo a que opera como fío condutor do relato. En fin, as persoas que enfronten a lectura desta obra van achar nela moitos dos trazos singulares que caracterizan a escrita literaria de Antonio Balboa.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.