En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
" Dicían das Aldaras que non medraban por causa dos enormes paxes de herba e das moitas sellas de auga que tiveran que carrexar dende ben cativas. O que non foi impedimento para que todas soubesen afrontar, malia a súa aparente fraxilidade, unha longa vida de traballos e adversidades con coraxe. As Aldaras, dende a primeira, que se remonta máis alá da cuarta xeración, foron vivaces, xeitosas, finas coma vimbios. Posuían ademais unha rara peculiaridade: Voaban nos soños."
Páxina a páxina Chelo Suárez Muíños, con ton intimista, coidadísima linguaxe e primoroso estilo narrativo, vai introducindo ó lector nun universo que conxuga realismo e maxia de maneira singular.
A autora vai rememorando unha a unha, e en primeira persoa, as mulleres da súa memoria. Eran as mulleres da familia, todas con parecidas inquedanzas e que levaban o mesmo nome: Aldara.
A saga das Aldaras ten un denominador común: a mágoa por non poder estudiar malia os seus enormes desexos de aprender. Flor de Xiz non é so un relato de cómo vivían as mulleres nunha familia galega nos sesenta primeiros anos do século XX. Flor de Xiz é a denuncia silenciada: o berro reprimido e a destempo de todas aquelas mulleres ás que lles foron negados estudios e escola.
Chelo Suárez Muíños, observando unha a unha as partes da flor de xiz que o profesor de ciencias naturais debuxa no encerado pon diante dos nosos ollos un retrato realista do universo do mundo feminino e unha reflexión encol da vida cotiá nas escolas de nenas e a educación que recibiron as mulleres das catro últimas xeración. Atopámonos diante duna escritora revelación que, sen dubida, vai sorprender ás lectoras e lectores e que supón unha decidida aposta da editorial Primerapersona pola literatura escrita en lingua galega.
CARRASCOSA LOZANO, TAMARA, FERRERO DE LA RÚA, SARA
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.