En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Obra finalista do XXIV premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
Este ensaio (froito do traballo realizado para a tese doutoral: Tensiones entre los distintos aspectos de la sostenibilidad económica, social y medioambiental: el caso de las explotaciones agropecuarias gallegas, presenta un percorrido que vai do particular ao xeral en que se parte dun interese motivado pola relación persoal co obxecto de estudo en desentrañar as enormes dificultades ás que se enfrontan as granxas familiares agropecuarias en Galiza para poder continuar adicándose á gandería e á agricultura, dificultades que desembocan en ocasións incluso na desaparición das propias explotacións. Este percorrido foi posible grazas ao traballo de campo etnográfico realizado en distintas granxas do interior da provincia da Coruña dende o ano 2013 ao 2015
O punto de partida deste traballo é intentar entender cales son as características destas explotacións familiares e que as diferencia doutro tipo de explotacións ou entidades que integran capital e traballo, así como observar que lugar ocupan dentro da economía capitalista e que contradicións e ambigüidades poden xurdir dende ese lugar ou dende as distintas esferas (de mercado, de economía campesiña ou tradicional) nas que se enmarcan.
O foco de interese está en observar certas contradicións arredor das relacións económicas presentes no contexto das explotacións familiares galegas, que dificultan o proceso produtivo até o punto en ocasións do desmantelamento. A medida que se avanza nesta idea, xorde tamén a dimensión da sustentabilidade e obsérvase como a tensión que se produce entre os tres aspectos relevantes da sustentabilidade (económica, social e medioambiental), é unha cuestión que tamén dificulta o proceso produtivo destas granxas e a súa resiliencia.
Finalmente, un concepto clave para entender todo o proceso que se intenta observar dende a perspectiva da economía moral é o concepto do prezo xusto. Ten unha importancia central porque é a principal reivindicación destas gandeiras e gandeiros, e é o elemento que estas persoas entenden como capital e indispensable para poder subsistir e para poder continuar realizando o seu traballo. É dicir, para lograr reproducir a súa familia e manter unha vida digna.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.