En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Tan puro, cinco poemas de Sor Juana Inés de la Cruz que Jesús Castro Yáñez puxo en galego nunha tradución engaiolante, onde a rima híbrida da autora, mestura de elementos barrocos e conceptuais, aparece reflectida nunha delicada sonoridade.
O volume non é só un excepcional exercicio de tradución senón tamén unha oportunidade de achegarse á unha das maiores figuras da lírica barroca e da poesía hispanoamericana en xeral.
Sor Juana Inés de la Cruz, (nacida en San Miguel Nepantla -vicerreinado de Nova España, hoxe México-) filla ilexítima dun capitán español e unha nai criolla, foi muller de inmenso e precoz talento para a lectura e a escritura, coñecementos aos que con fervor quixo consagrar a súa vida. Relixiosa máis por vocación intelectual que por convicción monástica, foi na orde xerónima onde atopou un lugar e un pretexto para dedicar a súa vida á erudición co apoio da condesa de Paredes e vicerraíña de México, María Luisa Manrique de Lara y Gonzaga (referida nos poemas baixo apelativos afectuosos como Lisi ou Filis), que sería a súa protectora, interlocutora e suxeito central de boa parte da súa obra escrita. Os poemas e retratos que lle dedica á vicerraíña poden ser comprendidos como panexíricos cortesáns ou claras expresións dunha relación lésbica, e posiblemente as dúas cousas sexan certas e ningunha diga toda a verdade. O que si é evidente nos poemas é a forza dun eu lírico feminino e virtuoso que crea o suxeito amado á medida da súa voz, que enuncia unha sede para non saciala e así coñecer máis a fondo nunha espera desexada inesgotable a anegada razón do seu ser.
AUTORES VARIOS, DICKINSON, EMILY, PLATH, SYLVIA, SAFO, STORNI, ALFONSINA, MISTRAL, GABRIELA, ST. VICENT MILLAY, EDNA, CASTRO, ROSALÍA DE, DE LA CRUZ, SOR JUANA INES
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.