En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Unha admiración, debo recoñecer, non exenta de certa envexa. Desa capacidade para ver máis aló. Para atopar luz onde o resto só vemos tebras. Persoas non só capaces de ler dereito nas liñas tortas que definen o noso universo, senón tamén de facérnolo entender a nós. Auténticos faros que nos alumean na negrura que nos arrodea. Os únicos en ser quen de percorrer o camiño da verdade, en palabras de Joubert.
Confeso que o intentei centos de veces. Quixen imitar a Prometeo e agasallar co lume ós simples mortais. Desexei, na miña cega teimosía, plasmar no papel palabras que un non sabía que se puidesen xuntar, como explicaba Federico García Lorca o gran misterio da poesía. Mais fracasei de cada vez.
Se cadra, por iso, os deuses decidiron ser benevolentes comigo. E a cambio das miñas continuas e indecorosas derrotas, premiáronme poñéndome no meu camiño a alguén como Antón. Un poeta. Un visionario. Un entre un millón. Alguén capaz de soñar un libro coma este.
Un libro cheo de beleza e deformidades. De esperanzas e desacougos. De luces e sombras. Con présas que bulen de vagar. Deseñado con razóns aferradas en atávicos instintos. Un libro que nos transporta a mundos inimaxinables e afastados ó tempo que nos engaiola con forza. Unha xanela aberta ó aire fisterrán pola que poder saír voando mais tamén unha rocha que nos esmaga e abafa ata deixarnos sen respiración.
Un libro propio de alguén nado na fin do mundo.
Páxinas que recenden a salitre; a argazo; a humidade; a treboada; a escuma; a bravura Ó Atlántico. Versos profundos, fríos e escuros como o noso mar.
Palabras, que xuntas brúan cunha forza salvaxe. Inhumana. Aterradora. Mais tamén maternal.
E, ante todo, un libro cheo, repleto, acugulado de poesía.
Así que vos convido a todos a espertar. A abrir dunha vez os ollos e a erguerse con azos e sen escusas. Para perseguir o rastro deste marabilloso ronsel. Para percorrer o camiño invisible das baldosas amarelas. Para rachar con todos os tabús e con todos os amarres que vos fixan ó peirao e comezar, sen medos, esta inesquecible singradura.
Non vos arrepentiredes. Descubriredes a poesía. Chegaredes á verdade. Atoparades ó voso eu.
E a maiores, como ben titula un dos seus poemas, haberá música e améndoas.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.