Avanzada

Libros

DA FONTE MÁIS FONDA. HISTORIA DO VOCABULARIO E OUTROS ESCRITOS SOBRE O IDIOMA GALEGO
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

DA FONTE MÁIS FONDA. HISTORIA DO VOCABULARIO E OUTROS ESCRITOS SOBRE O IDIOMA GALEGO

978-84-17802-34-9 / 9788417802349

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

O obxectivo deste libro é dar a coñecer o texto inédito de Aquilino Iglesia Alvariño «A lengua gallega. Historia do seu vocabulario», escrito orixinalmente para a Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo, concibida e publicada en América grazas ao mecenado de Manuel Puente e da que no verán de 2022 se cumpren 60 anos. Tras moitos avatares, do proxecto nacido no ano 1947 viñeron a lume dúas partes impresas en Montevideo en 1962 e unha terceira en Buenos Aires once anos despois, 1973. En ningún dos volumes consta o capítulo dedicado á lingua, que fora encargado a Aquilino Iglesia Alvariño a principios da década dos 50 e que el entregou pouco despois.

A edición da obra vai acompañada de tres estudos para contextualizala. Desde a perspectiva da historia contemporánea da Galicia global, Ramón Villares sitúanos nas coordenadas e vicisitudes do proxecto; desde a da historia da lingua e da lingüística galegas, Henrique Monteagudo coloca a contribución de Aquilino no marco das ideas e debates lingüísticos producidos na Galicia do seu tempo; e Rosario Álvarez analiza a súa contribución á Historia de Galiza e os motivos do desencontro. En Apéndice figuran algúns documentos necesarios para a exposición e interpretación, en parte inéditos ata o presente.

O volume complétase coa sección «O sino do retorno: outros escritos sobre o idioma», onde se recollen os traballos de Aquilino Iglesia Alvariño que versan sobre norma e ideas lingüísticas, e dun modo máis xeral sobre a situación do galego.

Otros libros la materia Gallego.

Portada No Disponible
NA FLOR DO VENTO

978-84-89814-63-9

ÁLVAREZ CÁCCAMO, ALFONSO

DICCIONARIO DE DICCIONARIOS - VERSION 2
DICCIONARIO DE DICCIONARIOS - VERSION 2

978-84-89748-95-8

SANTAMARINA, ANTON

F. MARTIN SARMIENTO: ONOMASTICO ETIMOLOGICO DE LA LENGUA GALLEGA
F. MARTIN SARMIENTO: ONOMASTICO ETIMOLOGICO DE LA LENGUA GALLEGA

978-84-89748-51-4

SARMIENTO, MARTÍN, PENSADO, JOSE LUIS (ED.)

GRAMATICA PRACTICA DO GALEGO (3ª EDICION CON EXERCICIOS E AS SUAS SOLUCIONS)