En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Este libro foi concibido como unha experiencia que pretende indagar na posibilidade dunha conxunción de linguaxes que, a pesar de pertencer a ámbitos diferentes da representación, poidan xerar espazos de sentido compartidos. A obra gráfica de Manuel Pizeueta que aqui amosamos, pon en escena, sobre a luz turbia dos sonos, a disolución dos perfis do real como experiencia que extrae da vertixinosa degradación do orgánico e da delirante proliferación do fragmentado, unha fusión cromática que evoca un mundo en descomposición, anegado pola liquidez putrefacta dunha contemporaneidade asolada.
Cohabitan nesta proposta paisaxistica, que envolve o existencial e o mundano, as inquietantes reflexións de Alfonso Pexegueiro, a sutil mirada poética de Xosé María Álvarez Cáccamo e o propósito, entre filosófico e literario, de Xabier Alcalde, de cultivar a fértil insuficiencia das palabras. Non ignoramos que unha experiencia editorial como esta, ainda non carecendo de precedentes, intérnase nun territorio no que proliferan os riscos. Con todo, asumimos este desafio en prol da creatividade que, neste momento dificil para a subsistencia do espirito artistico, parécenos dunha vixencia irrenunciábel. Na posibilidade de transmitir o entusiasmo co que este proxecto foi concibido e nos froitos que poidan extraerse do encontro con esta aventurada tentativa, acharemos a compensación que non é senón gratitude debida ao que o pensamento, a poesia, e a arte, seguen aportando ao devir do humano.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.