Avanzada

Libros

ANTOLOXÍA POÉTICA DE ANTÓN TOVAR
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

ANTOLOXÍA POÉTICA DE ANTÓN TOVAR

978-84-1110-254-4 / 9788411102544

18,95 €      comprar

Comentarios

Esta "Antoloxía poética" de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004), que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos, permite que nos adentremos na obra poética dun autor que, en palabras de Delfín Caseiro, responsable da biografía introdutoria, foi "un home desacougado, que semellaba vivir nun pesadelo eterno, intemporal, na procura infatigábel da luz, da calma, da verdade, da felicidade".
As angueiras existenciais da condición humana, que tan acertadamente plasma Tovar nos seus versos, marcan a lectura desta antoloxía. Son versos que nacen do íntimo, que suscitan unha profunda emoción e a reflexión crítica de quen se deixa seducir pola súa lectura.
A iniciativa do profesor Xesús Alonso Montero, o Museo da Limia (Vilar de Santos) pon en marcha este libro, en colaboración con Xerais, que rescata unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, precisamente arredor da celebración do centenario do nacemento de Antón Tovar.
O Museo da Limia, con vocación de entidade aberta e dinámica, ten un especial empeño en promover e difundir as creacións que se producen no seu territorio. A Biblioteca da Limia recolle, desde o ano 2018, a produción do poeta da Pereira, Antón Tovar, así como boa parte da creación literaria de máis de cincuenta autores.

Otros libros de la colección Edición Literaria - Xerais Clásicos

SONETOS DE SHAKESPEARE
SONETOS DE SHAKESPEARE

978-84-9914-248-7

GUTIÉRREZ IZQUIERDO, RAMÓN

Otros libros la materia Literatura gallega. Poesía.

ABRAZO DAS BOCAS, O
ABRAZO DAS BOCAS, O

978-84-19840-49-3

PARDO DE NEYRA, XULIO

NINGUÉN, AS
NINGUÉN, AS

978-84-129637-4-8

OLIVEIRA, ELISABETH

ILUMI NOU NOS O LU ME - ILUMINOUNOS O LUME
ILUMI NOU NOS O LU ME - ILUMINOUNOS O LUME

978-84-129840-6-4

FEIXÓ FEIXÓ, HENRIQUE

OUTROUTRO
OUTROUTRO

978-84-129324-1-6

CASTRO YÁÑEZ, JESÚS