Avanzada

Libros

COCIÑEIRAS CON TALENTO
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

COCIÑEIRAS CON TALENTO

978-84-09-53103-5 / 9788409531035

19,00 €      comprar

Comentarios

Cociñeiras con talento é un ensaio histórico de grata lectura e escrito con rigor, que aborda unha temática novidosa e de gran relevancia para a gastronomía de Galicia e para a historia das mulleres que alimentaron a nosa xente co seu esforzado labor. Mulleres xenerosas que se conformaban con racións escasas con tal de que os seus fillos e maridos estivesen ben mantidos. Cociñeiras que forxaron co seu talento a gastronomía galega enxebre e a alta cociña. Segundo a chef con estrela Michelin Lucía Freitas: “O libro, aparte de desfrutalo a feixes, afianzou o obxectivo que teño de poñer en valor o talento e o esforzo das mulleres que representan todas as profesións que fan posible o ecosistema da nosa gastronomía. Pero elas son ademais cociñeiras de alma, cada unha cociña para os seus. Xavier Castro salienta nesta obra o papel ninguneado que a historia outorgou ás cociñeiras, con moita investigación, coñecemento e sabedoría ó respecto, e eu teño que poñer o foco no importante: non tanto nas estrelas Michelin, como nas mulleres que traballan a terra e o mar, producen, elaboran e dan amor ó traveso da cociña; que son as mesmas que nos seguen a dar ese amor ós cociñeiros estrelados. Xavier titula esta marabilla Cociñeiras con talento; eu engado cociñeiras de amor e legado, mulleres que crearon, produciron, gardaron e transmitiron a base culinaria da que se nutre a sociedade actual”.

Otros libros del autor CASTRO, XAVIER

Portada No Disponible
O GALEGUISMO NA ENCRUCILLADA REPUBLICANA. VOL.I

978-84-85858-14-9

CASTRO, XAVIER

Portada No Disponible
YANTARES GALLEGOS. HISTORIA DE LA DIETA ATLANTICA
YANTARES GALLEGOS. HISTORIA DE LA DIETA ATLANTICA

978-84-9887-390-0

CASTRO, XAVIER

Portada No Disponible
A MESA E MANTEIS

978-84-937323-8-7

CASTRO, XAVIER