Avanzada

Libros

REVISTA TEMPOS NJOVOS, 314: O ABRAZO DO OSO. A ENXURRADA REACCIONARIA E O 23X
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

REVISTA TEMPOS NJOVOS, 314: O ABRAZO DO OSO. A ENXURRADA REACCIONARIA E O 23X

/ 9771137694004314

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

De viviren, tanto Bertrand Russell ou Albert Camus, como José Saramago e José Luís Sampedro, intelectuais que sempre souberon erguer a voz polos máis vulnerables, estarían alertando como o fan Noam Chomsky na distancia e Xosé Manuel Beiras entre nós da enxurrada reaccionaria que parece afianzarse en países de probada vocación democrática. En Europa e, en xeral, no mundo occidental. A progresiva colonización por parte da extrema dereita dalgunhas das máis significadas institucións -por caso, os parlamentos e gobernos de Polonia, Hungría, Italia, Suecia ou Finlandia- é certamente alarmante. E a xulgar polo sucedido o 26M último, que entretén a precampaña do 23X, España non vai ser a excepción. Xa controlan os ultras parcelas institucionais de alto voltaxe social e político. Presiden parlamentos e comparten gobernos autonómicos, intercambiando co PP principios por votos. E todo está aberto na contenda pola Moncloa. Para deter esa maré reaccionaria non parece que sexa suficiente con render contas do realizado (esas 200 leis aprobadas, as máis das veces para sofocar as consecuencias da crise económica, a pandemia e a guerra en Ucraína). As dereitas enredaranse de novo no fío das emocións. Para seguiren alimentando a paranoia de supostos pactos antinatura con filoetarras e separatistas. Non deberan as esquerdas despreciar os efectos dese oxímoron electoral, que tanta rendibilidade lles deu a PP e VOX nas eleccións locais de maio. Pola contra, precisan encaralos e desmontalos. Sen perder de vista, iso si, as propostas de futuro, acopladas a unha realidade política, social, cultural e lingüisticamente plurinacional e diversa. Só así poderán desactivar o abrazo do oso co que Feijóo e Abascal pretenden solemnizar a súa reunificación en clave neofranquista.