En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O terrible xigante Verlioka raptou as netas do labrego e quixo esmagarlle a muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha gansa mocha, un can palleirán e un burro rabudo; e, todos xuntos, foron darlle o seu merecido ao xigante. A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas;en concreto, esta versión toma prestados aspectos da tradición oral para crear a trama narrativa. Animais e humanos cooperan, enfróntanse ás adversidades, para, finalmente, obter a vitoria. Noutras versións, as axudas proceden de elementos que aparecen no camiño do avó (corda, muíño de auga, forno, landra ), obxectos máxicos ligados á cultura do pobo ruso. Esta versión presenta unha estrutura singular: a colaboración chega dos animais, que aparecen humanizados (falan, axudan, dan consellos) e convértense en compañeiros inseparables, proporcionando tranquilidade, apoio e ata un desabafo para os temores dos máis pequenos lectores. Alén das forzas malévolas do xigante, existe un mundo hospitalario, o do home, quen, coa axuda dos seus astutos e enxeñosos amigos, triunfará de vez sobre o desalmado xigante. As ilustracións xogan co carácter hiperbólico dos personaxes e inciden na faceta humorística do conto. Cun universo de cores intensas, Sergio Mora idea un ambiente que evoca libros antigos e estampas de época, a través do craquelado da imaxe.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.