Comentarios
Nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós, curmás, curmáns, tíos, tías, marcianos, ratos, ras, vacas, insectos voadores, astronautas, gaiteiras, pallasos, mecánicas
, xentes de aquí e de acolá, xentes do mundo!!!
Despois de dar voltas e reviravoltas a Galicia, norte, sur, este, oeste, de baixar, subir, brincar e rebrincar prazas, rúas, auditorios, teatros, e incluso concertos intercibernéticos
aquí seguimos batallando, rebentando coa nosa forma particular de ver o mundo, a música e a cultura
E estamos aquí de novo para vos amosar ese mundo imaxinario no que viaxamos
ese mundo cheo de tolemias, de viaxes, chimpos e soños
, para vos amosar
EEEEIIIIII CARBALLEIRA!!!, cargadiño de temas para cantar, bailar e alegrar o corazón, pero tamén nesta ocasión, de contos en banda deseñada.
Como sabedes, Uxía Lambona e a Banda Molona somos Serghaño, Roscón, Ñoc, Pali, Abraham e Uxía, e ides atoparnos no cómic, claro!, pero con nós está sempre Javi, o técnico de son, que fai un traballo xenial
, e ao que normalmente non vedes.
Pois
tedes un reto: hai que atopar a Javi en cada un dos cómics!, e siiii!, está en todos! Veña, onde está Javi?. Agardamos que vos guste, que nos acompañedes nesta particular viaxe e que compartades momentos cargadiños de sorrisos!!!
TEMAS
01 Intro
02 Eeeeiiiii
carballeira !!
03 Máis galego
04 Odessa
05 Xirarei now
06 Martiño Pelegrín
07 Camposa de San Xoán
08 Ibo