Avanzada

Libros

COLOSO DE MARUSI, O
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

COLOSO DE MARUSI, O

978-84-8487-689-2 / 9788484876892

19,95 €      comprar

Comentarios

«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, convertérase nun coloso cuxa silueta se esfumaba para diante e para atrás co roncar grave e rítmico das súas oracións narcóticas.»
En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante a ameaza da inminente invasión de Francia pola Alemaña nazi, Henry Miller acepta o convite do seu amigo Lawrence Durrell e, tras unha breve excursión pola Dordoña, parte para Corfu, Grecia, onde este reside. Ata o 27 de decembro dese mesmo ano, cando regresa aos Estados Unidos por orde das autoridades norteamericanas, percorrerá o país e entrará en contacto coas súas xentes, establecendo lazos duradeiros de amizade entre outros co poeta Geórgios Seferiadis e o espléndido narrador oral George Katsimbalis.
O coloso de Marusi, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións (de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces a todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha pasaxe concreta, rexeitamento, pero, sobre todo, é unha lectura que deixa pouso vivo e fermentable.

Otros libros del autor MILLER, HENRY

Portada No Disponible
BIG SUR Y LAS NARANJAS DE EL BOSCO

978-84-350-4963-4

MILLER, HENRY

Portada No Disponible
DÍAS TRANQUILOS EN CLICHY

978-84-350-4966-5

MILLER, HENRY

Portada No Disponible
NUEVA YORK. IDA Y VUELTA

978-84-350-4964-1

MILLER, HENRY

Portada No Disponible
PRIMAVERA NEGRA

978-84-350-4965-8

MILLER, HENRY

Otros libros de la colección NARRATIVA

LEVITACIÓN, NIVEL INCIACIÓN
LEVITACIÓN, NIVEL INCIACIÓN

978-84-8487-717-2

TAIBO, NACHO

DE PORTEIRO XOGUEI EU
DE PORTEIRO XOGUEI EU

978-84-8487-683-0

LENZ,PEDRO

GOLFARÓNS DE SANGUE
GOLFARÓNS DE SANGUE

978-84-8487-663-2

XOSÉ FARIÑA JAMARDO

CUMES TORBOENTOS
CUMES TORBOENTOS

978-84-8487-649-6

BRONTË, EMILY

CAÍDA LIBRE
CAÍDA LIBRE

978-84-129438-2-5

MARNELL, CAT

WASHINGTON SQUARE
WASHINGTON SQUARE

978-84-1176-405-6

JAMES, HENRY

INQUILINA DE WILDFELD HALL, A
INQUILINA DE WILDFELD HALL, A

978-84-19795-78-6

BRONTE, ANNE