En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Salnés. En 1961 a editorial crea unha colección de poesía en lingua galega, a colección Salnés. Nela publicarán as poetas escolmadas pola profesora Patricia Arias Chachero, responsable tamén do limiar. Todas de procedencias e estilos moi variados, son, María do Carme Kruckenberg, que asina Canaval de ouro en 1962; Pura Vázquez, en 1963 con A saudade i outros poemas; e María Manuela Couto Viana e Anne Marie Morris, dúas poetas alófonas, autoras de Frauta lonxana (1964) e Voz fuxitiva (1965), respectivamente. A elas cómpre sumar Xohana Torres, que se inclúe nesta antoloxía porque é a primeira muller en publicar en Galaxia e porque tivo intención de publicar en Salnés, malia non facelo. Cómpre ler os poemas desta escolma tendo moi presente o contexto en que foron pensados, escritos e publicados. Apareceron nunha sociedade fortemente patriarcal onde o discurso católico tradicional definía e condicionaba o sentir e o actuar das mulleres. Só así poderemos valorar a modernidade e importancia do seu traballo. Foron as primeiras, as que romperon barreiras e superaron prexuízos, as que abriron as portas para todas as que vimos detrás. Fixérono cravando a vista nos poucos referentes femininos de que dispuñan, con sororidade, apoiándose unhas nas outras.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.