En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Na procura da palabra axeitada Queremos atopar unha palabra para definir a relación entre a radio e a audiencia. Non somos da familia, pero a radio vai connosco no móbil e no coche, e deixámola entrar na casa con tal confianza que coñece até a nosa cociña, baño e dormitorio. Non é cousa de días, semanas ou meses. A relación de Radio Vigo cos oíntes fai xa noventa anos e aínda seguimos na procura da palabra axeitada. A radio na II República, coas súas esperanzas e convulsións; durante o golpe de estado militar, a guerra civil, a represión franquista e a ditadura; na chegada da democracia, da autonomía e do progreso social; no delirio dunha burbulla financeira que levou a unha crise global, ou durante esa pandemia que parou o mundo facéndonos reparar na nosa propia fraxilidade. Houbo mudanzas na fisionomía de Vigo e na propia localización da emisora, nos hábitos da xente, no urbanismo, na sociedade, na economía e na cultura. Levamos xa case un século de convivencia, vibrando e respirando canda a radio, en horas, minutos e segundos, coma un corazón que latexa e sintoniza coa enerxía de Vigo e das Terras de Turonio. Despois de noventa anos de vida canda catro xeracións de oíntes, seguimos na procura da palabra que mellor defina nosa relación. Nesta exposición multimedia, organizada arredor das catro sedes que tivo a radio, descubrimos os rostros, os obxectos, as historias e as voces dalgunhas das persoas que estiveron, están e van estar ao noso carón para informarnos entreternos e acompañarnos. A ver se así, entre todas e todos, damos por fin coa palabra axeitada...
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.