Avanzada

Libros

ECOS DA BATALLA COTIA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

ECOS DA BATALLA COTIA

978-84-8487-050-0 / 9788484870500

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

Centos, por non dicir miles se se teñen en conta aqueles países onde houbo movemento surrealista, foron as declaracións colectivas do surrealismo. Declaracións sobre todos os aspectos da vida cotiá, da política á cultura, da moda aos costumes. Ao non ser o surrealismo un movemento literario de vangarda no sentido clásico do termo, a súa actividade, a través da súa vontade de "transformar o mundo" (Marx) e de "cambiar a vida" (Rimbaud), integra unha verdadeira dimensión política. Por iso, todas e cada unha das declaracións colectivas surrealistas, sobre literatura, sobre pintura, ou directamente política, contra o colonialismo, o fascismo, o stalinismo, a relixión ou a favor da obxección de conciencia, son declaracións directamente políticas.
Centrándose unicamente no Grupo de París do movemento surrealista, e nos anos que van de 1924 a 1968, "Ecos da batalla cotiá. Declaracións políticas surrealistas" agrupa un total de trinta e cinco intervencións especificamente políticas do surrealismo, ao tempo que se contextualiza histórica e mesmo, ás veces, literariamente cada unha destas declaracións.
O presente volume acaba sendo tanto unha historia das vicisitudes da política no interior do Grupo de París do movemento surrealista como unha historia política da revolución surrealista. Unha revolución poética, imaxinativa e efectiva que se enfronta á sociedade burguesa e capitalista e acaba enfrontándose á outra revolución, prosaica, curtamente política e, talvez, inencontrábel.

Otros libros de la colección ENSAIO

CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS

978-84-8487-747-9

ALONSO,BIEITO

RUTH MATILDA ANDERSON
RUTH MATILDA ANDERSON

978-84-8487-729-5

RODRÍGUEZ SAAVADRA,ALBA

ET IN GALLAECIA EGO
ET IN GALLAECIA EGO

978-84-8487-739-4

SOBRE VILANOVA DE ALBA
SOBRE VILANOVA DE ALBA

978-84-8487-737-0

BARROS PUENTE, MIGUEL

Otros libros la materia Política.

Portada No Disponible
DEMOCRACIA ARMÓNICA II: DEMOCRACIA DIRECTA

978-84-1081-556-8

SORIANO DÍAZ, RAMÓN LUIS

Portada No Disponible
DEMOCRACIA ARMÓNICA II: DEMOCRACIA DIRECTA

978-84-1081-557-5

SORIANO DÍAZ, RAMÓN LUIS

Portada No Disponible
ÉTICA PROFESIONAL EN SERVICIOS SOCIALES COMUNITARIOS: LA NECESARIA RELACIÓN ENTR

978-84-1081-526-1

ÁLVAREZ PÉREZ, RAÚL, CORDERO RAMOS, NURIA, FLORES SÁNCHEZ, MANUEL, AGUILAR IDÁÑEZ, MARÍA JOSÉ, BURASCHI, DANIEL, CARVALHO, MARÍA IRENE, ASENSIO

Portada No Disponible
ÉTICA PROFESIONAL EN SERVICIOS SOCIALES COMUNITARIOS: LA NECESARIA RELACIÓN ENTR

978-84-1081-527-8

ÁLVAREZ PÉREZ, RAÚL, CORDERO RAMOS, NURIA, FLORES SÁNCHEZ, MANUEL, AGUILAR IDÁÑEZ, MARÍA JOSÉ, BURASCHI, DANIEL, CARVALHO, MARÍA IRENE, ASENSIO