En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
A pobreza, nas súas diferentes dimensións, configúrase como un dos lastres máis preocupantes da humanidade. A pesar do innegable crecemento e progreso asociado ao desenvolvemento económico e social, é un problema sempre presente en calquera perspectiva dende a que se analice. A gravidade deste fenómeno conduce a moitos autores a concibilo como un problema irresoluble que, ademais, se agrava co paso do tempo. Outros son máis optimistas, pero todos consideran que as sociedades modernas deben facerlle fronte de maneira determinante. Esta obra nace co obxectivo de ser útil no difícil camiño de resolver esta problemática dende a convicción de que o coñecemento da pobreza é un labor necesario e imprescindible na súa diminución e erradicación. Con esta finalidade, o presente estudo céntrase en Galicia, facendo unha análise desagregada que permite ter unha visión do conxunto do territorio e tamén por provincias, comarcas e concellos. Asemade, a concepción multivariante da pobreza, en liña coas últimas tendencias académicas, supón un esforzo salientable por aplicarlle á análise económica procedementos xa contrastados noutros eidos e disciplinas científicas.Patricio Sánchez, Antonio Vaamonde e Xenaro García son profesores da Universidade de Vigo. Desenvolven dende hai tempo tarefas de investigación vinculadas á aplicación de métodos e técnicas estatísticas das ciencias sociais. As cuestións relativas á desigualdade e á exclusión social en Galicia forman parte preferente das investigacións que realizan.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.