Avanzada

Libros

POEMAS EN LINGUA GALEGA (EDUARDO JORGE BOSCO)
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
,

POEMAS EN LINGUA GALEGA (EDUARDO JORGE BOSCO)

978-84-9782-668-6 / 9788497826686

DESCATALOGADO

Comentarios

Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris).

A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Otros libros de la colección VARIAS

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES

978-84-9121-587-5

VERNE, JULES, PADRON, DANI

AS INXURIAS DA GUERRA
AS INXURIAS DA GUERRA

978-84-9782-446-0

BARREIRO RIVAS, XOSE LUIS

SERAOGNA
SERAOGNA

978-84-8302-189-7

PEXEGUEIRO ALFONSO

DICIONARIO ORTOGRAFICO DA LINGUA GALEGA
DICIONARIO ORTOGRAFICO DA LINGUA GALEGA

978-84-9782-420-0

AUTORES VARIOS, FEIXÓ CID, XOSÉ

Otros libros la materia Literatura gallega. Poesía.

PALABRAS MORTAS
PALABRAS MORTAS

978-84-19438-96-6

FRAN FERNÁNDEZ DAVILA

CORPO É UMHA PROMESSA (BOLERO), O
CORPO É UMHA PROMESSA (BOLERO), O

978-84-127852-2-7

CERNADAS, LUCIA

TRANS0
TRANS0

978-84-127987-1-5

TRIGO CABALEIRO, BRANCA

TRITONO
TRITONO

978-84-127987-0-8

VAZQUEZ PEREZ, ALFREDO