Avanzada

Libros

(G).(08).CAD.LETRAMOLA 6.(GALICIA).(ED.INFANTIL)
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
, , ,

(G).(08).CAD.LETRAMOLA 6.(GALICIA).(ED.INFANTIL)

978-84-403-1093-4 / 9788440310934

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura.
Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos.
O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos.
No caderno 6 trabállanse as consoantes z e r, e os grupos rr e ch. Coma nos cadernos anteriores, faise a presentación a partir de contos e de historias en viñetas. Unha vez finalizado este caderno, estarán traballadas a maior parte das letras do abecedario, feito que supón un paso considerable neste proceso de aprendizaxe da lectoescritura, porque nos permite formular actividades unha miguiña máis avanzadas (ordenar letras para formar unha palabra, lectura e escritura de frases, copia de textos, etcétera), sempre, como é natural, facendo previamente o traballo secuenciado para cada letra.
Os tipos de texto que figuran neste caderno son contos, viñetas, adiviñas, diálogos teatrais, trabalinguas e poemas. Preséntanse en letra ligada, que é tamén a que se lles pide aos alumnos para escribir con pauta. Tamén se ofrecen encrucillados, sopas de letras e frases con pictogramas.
Como ocorre noutros cadernos, engádese ao final unha folla de recortables, necesarios para realizar algunhas das fichas.
En cada ficha porpóñense, ademais das individuais, unhas actividades previas que pretenden servir de axuda para comprender e para realizar adecuadamente a tarefa que se demanda, e para que se inicien no coñecemento das primeiras nocións gramaticais (xénero, número, aumentativo e diminutivo, as persoas verbais...).
Remata o caderno cunha ficha de avaliación con actividades relacionadas coas consoantes e cos grupos traballados.

Otros libros del autor ANA MARIA FERNANDEZ

CHRYSTYAN MAGIC. NA SENDA DA SERPE ALADA
CHRYSTYAN MAGIC. NA SENDA DA SERPE ALADA

978-84-403-1182-5

ANA MARIA FERNANDEZ, MANUEL FRAGA IGLESIAS, XOAN BABARRO

DO A AO Z. GALICIA
DO A AO Z. GALICIA

978-84-403-0541-1

ANA MARIA FERNANDEZ, XOAN BABARRO

(G).(08).CAD.LETRAMOLA 4.(GALICIA) (ED.INFANTIL)
(G).(08).CAD.LETRAMOLA 4.(GALICIA) (ED.INFANTIL)

978-84-403-1091-0

ANA MARIA FERNANDEZ, NEUS ESCUDERO ANGLES, ROSER GENOVER HUGUET, XOAN BABARRO

(G).(08).CAD.LETRAMOLA 5.(GALICIA) (ED.INFANTIL)
(G).(08).CAD.LETRAMOLA 5.(GALICIA) (ED.INFANTIL)

978-84-403-1092-7

ANA MARIA FERNANDEZ, NEUS ESCUDERO ANGLES, ROSER GENOVER HUGUET, XOAN BABARRO

Portada No Disponible
LOS HEROES DEL CIELO

978-84-09-74654-5

PASTOR LAGUNA, PURIFICACIÓN

Portada No Disponible
MOMOI 2 ANYS PROPOSTA DIDÀCTICA INFANTIL

978-84-479-5404-9

DOMINGUEZ MARTINEZ, SOFIA

AREAS INTEGRADAS. 1 INFANTIL. PRIMER TRIMESTRE. CASTORIA
AREAS INTEGRADAS. 1 INFANTIL. PRIMER TRIMESTRE. CASTORIA

978-84-1120-147-6

GIRALDEZ HAYES, ANDREA

Portada No Disponible