En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Doce relatos, doce, entrecruzados polo sutil fío condutor dun autor con oficio no xénero. Doce relatos, distintos entre si, mais cun trasfondo inconfundíbel, labrados co esmero do lirismo, e trazados por unha singular querenza descritiva. Doce relatos cuxa matriz enraiza no realismo para se encamiñar por variadas sendas, aínda que converxentes, e aderezados cun eficiente profundamento psicolóxico, e dosificación na intriga. Realismo tráxico acaroado ao traxicómico, mais tamén o de xénese social, e o máis costumista, episódico ou anecdótico, pois todos eles veñen asomar ás páxinas do libro gañador do "XVI Certame literario Ricardo Carvalho Calero" de 2007 convocado polo Concello de Ferrol. Haberemos de rir e sorrir con eles; e as bágoas pugnarán á hora de querer abrollar en acalorado desafío á indignidade dos tempos de ferro; e no noso ánimo unha feliz saudade desexará callar noutras ocasións, cos retratos dunha infancia evocada pola memoria; e xunto deles os incomprensíbeis e covardes asañamentos contra os máis débiles en reclamo de xustiza.
Achámonos, en definitiva, perante doce narracións breves cargadas dunha enorme emotividade, e que, sobre todo, non nos haberán de deixar indiferentes.
Doce narracións, doce, que afianzan xa, e cunha grande solidez, ao seu autor entre os máis destacados no xénero, de tanta tradición e rendemento dentro da nosa literatura.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.