Avanzada

Libros

ROSALÍA 21
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

ROSALÍA 21

978-84-9782-880-2 / 9788497828802

DESCATALOGADO

Comentarios

O proxecto Rosalía 21, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural e coordinado por Anxo Angueira, ten tres principais realizacións, as tres complementarias: un espectáculo audiovisual baseado na imaxe e na palabra, na poesía e na música; un disco coas gravacións base dese espectáculo e o presente libro. Os tres soportes participaron coordinadamente dun repertorio temático común que tiñan que ver con nove grandes eixos temáticos: a terra, a casa, a emigración, a muller, a sombra, os miserábeis, a revolución, a alborada e Rosalía poeta nacional.
No presente libro, para cada apartado propúxoselle a unha persoa a realización dun ensaio. Así Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda realizou dúas achegas biográficas; María López Sández aborda ?Rosalía e a paisaxe galega?; Iria Sobrino Freire analiza ?Os prólogos a Cantares Gallegos e Follas Novas, manifestos por unha cultura da resistencia?; Nancy Pérez Rey estuda ?Rosalía de Castro e a emigración. A poeta e Cuba?; Xabier Cordal Fustes revisa as estratexias políticas da autora no traballo ?Rosalía de Castro: un método para a liberación?; Daniel Salgado é autor de ?Corazón de aceiro: cinco notas sobre o político en Rosalía de Castro?; María do Cebreiro escribe sobre ?Rosalía de Castro ou a produción do infinito?; Iago Castro Buerguer fala de ?Rosalía de Castro: transgresión e feminismo?; María Reimóndez estuda as traducións e recepción de Rosalía fóra de Galicia; e, por último, Anxo Angueira, editor do volume escribe o traballo ?Algunhas visións de Rosalía de Castro?, onde se intenta ofrecer unha sucinta visión das consideracións que historicamente se fixeron de Rosalía, como escritora e icona. O libro inclúe, ademais, unha viaxe fotográfica preparada por Uqui Permui, que tamén se ocupou do deseño e maquetación do libro. As traducións foron realizadas por Xabier Xil Xardón (español), María Reimóndez (inglés) e Emma Lázare e Denise Peyroche (francés).
Portada No Disponible
ASSAIGS

978-84-18858-99-4

MANDELSTAM, ÓSSIP

Portada No Disponible
TÁCITO I

978-84-249-3994-6

SYME, SIR RONALD