En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvae. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vintecinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de Amor dos quince anos, Marilyn. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento. Amor dos quince anos, Marilyn, publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección ?Fóra de Xogo?, obtivo un unánime recoñecemento da crítica: ?Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño ulen a celuloide? (O Correo Galego). ?Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario? (Xián Xaneiro, CLIJ) ?A conclusión engaiolante que un tira lendo Amor dos quince anos, Marilyn é que o autor sabe que a ?fábrica dos soños? do ser humano non vai morrer xamais? (Xoán Acuña, Atlántico diario).
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.