Avanzada

Libros

NO VENTRE DO SILENCIO
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

NO VENTRE DO SILENCIO

978-84-8302-369-3 / 9788483023693

20,50 €      comprar

Comentarios

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: "Cada xeración deberá fabricar a súa cidade" (Antonio Sant¿Elia) , "Permitín á cidade entrar na miña mente" (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro "Troianos Redivivos" (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956.
No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.
No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.

Otros libros del autor MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

ROSALÍA EN FAMILIA
ROSALÍA EN FAMILIA

978-84-18567-71-1

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

Portada No Disponible
TAGEN ATA

978-84-121415-1-1

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS, GUEDE, MANUEL, ALONSO, E.(VERSION)

PRIMEIRO FOI GALICIA
PRIMEIRO FOI GALICIA

978-84-18567-62-9

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

ENCICLOPEDIA ILUSTRADA DE FERRÍN ARRAIANO
ENCICLOPEDIA ILUSTRADA DE FERRÍN ARRAIANO

978-0-10-720240-8

AUTORES VARIOS, MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

Otros libros de la colección NARRATIVA

ASKJA
ASKJA

978-84-1110-695-5

FRAGA, MANUEL A.

OBRAS PÓSTUMAS, AS
OBRAS PÓSTUMAS, AS

978-84-1110-693-1

GIRALDEZ, DIEGO

66
66

978-84-1110-696-2

QUEIPO, XAVIER

CONTA, SHEREZADE
CONTA, SHEREZADE

978-84-1110-653-5

TORO, SUSO DE

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

OJOS DE AGUA
OJOS DE AGUA

979-13-87688-16-5

VILLAR, DOMINGO

NAIS
NAIS

978-84-9995-469-1

VALCÁRCEL, CHARO

ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL
ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL

978-84-1176-473-5

HARGUINDEY, HENRIQUE, BARRIO, MARUXA

AMAR AZAR
AMAR AZAR

978-84-1176-477-3

FRAIZ, JAVIER