Avanzada

Libros

INTRAMUNDI
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

INTRAMUNDI

978-84-8302-922-0 / 9788483029220

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media ata o século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represión da dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estrada que puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór en marcha. Tiña na súa contra ao poderoso cacique don Nazario, que non admitía cambio ningún nos seus dominios, e ao mozo comunista Aníbal Coronas, teimudo con facer a revolución. Só Dolores Teixeiro e outros veciños compartían o soño de Anxo Xesto.
O enfrontamento entre todos estes pesonaxes e as súas concepcións do mundo constitúe o eixo argumental de Intramundi, a nova novela de Carlos G. Reigosa, un fermoso mosaico de voces, ambicións e sentimentos. Carlos G. Reigosa desvela así unha parte do noso pasado, agochado nos pregues montañosos de Tras da Corda de irresistible atractivo pola cantidade dos seus tesouros.
Para Alfredo Bryce Echenique:
"Intramundi é sen dúbida a novela de Carlos González Reigosa en que máis profundidade alcanza a gran habilidade deste autor para trasladarnos constantemente máis aló dos feitos e palabras dos que é responsable un personaxe ó longo de toda a súa vida. Chámense Anxo Xesto, o pragmático; Saúl Centeo, o idealista; Dolores Teixeiro, a sensual e paciente amante; Xosé Trabada, o eterno cura, ou Don Nazario, o poderoso cacique, os habitantes de Tras da Corda percorren durante catro décadas da España republicana e franquista o desacougante camiño que os leva da luz ás tebras, da convicción á dúbida e da lóxica ó desatino. Contradictorios, incoherentes, poboados por todos os seres que poden habitar nun mesmo ser, entrelazados fatalmente nas múltiples historias que compoñen esta novela, os personaxes de Intramundi pertencen á saga dos grandes nomes da novela clásica, aqueles que o lector seguirá sempre con profunda inquietude desde o nacemento ata a desembocadura do río das súas vidas. E das nosas"

Otros libros del autor REIGOSA, CARLOS G.

CRIME EN COMPOSTELA
CRIME EN COMPOSTELA

978-84-1110-326-8

REIGOSA, CARLOS G.

Portada No Disponible
EL MISTERIO DEL BARCO PERDIDO

978-84-16502-28-8

REIGOSA, CARLOS G.

Portada No Disponible
LA GUERRA DEL TABACO

978-84-16502-29-5

REIGOSA, CARLOS G.

Portada No Disponible
NARCOS

978-84-16502-34-9

REIGOSA, CARLOS G.

Otros libros de la colección VARIAS

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES

978-84-9121-587-5

VERNE, JULES, PADRON, DANI

AS INXURIAS DA GUERRA
AS INXURIAS DA GUERRA

978-84-9782-446-0

BARREIRO RIVAS, XOSE LUIS

O CIDADAN DO MES
O CIDADAN DO MES

978-84-9782-384-5

AMEIXEIRAS NOVELLE, DIEGO

QUE MEDO MAMA RAQUEL
QUE MEDO MAMA RAQUEL

978-84-9782-380-7

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

SARELA
SARELA

978-84-128407-9-7

TOJO, MARGA

TEMPO DE AMORAS
TEMPO DE AMORAS

978-84-128932-6-7

TEREIXA ROCA

TREBÓN DO NORTE, O
TREBÓN DO NORTE, O

979-13-990202-2-9

AGUNTIN AGRA

ODIO    (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)
ODIO (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)

978-84-1176-472-8

ROMERO DE ÁVILA, GABRIEL