Avanzada

Libros

AS CHAMADAS PERDIDAS
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

AS CHAMADAS PERDIDAS

978-84-8302-811-7 / 9788483028117

DESCATALOGADO

Comentarios

Como cando as paredes oen aos amantes, "Así, máis, máis, máis", estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: ¡Máis realidade!
A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante.
Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do "máxico". Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza. A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción.
Os vintecatro relatos de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxes loitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes co seu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cada relato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresar o ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxes avanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeito dunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como "Nós os dous" , "O heroe" ou "O partido de Reis" a outros máis experimentais como "Snif, bang, bla, bla, bla" ou "Todos os animais falan". Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestría característica da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan os electrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, ata hoxe en día.

Otros libros del autor RIVAS, MANUEL

REVISTA LUZES 141, XORNALISMO EN TEMPOS DE BULOCRACIA
REVISTA LUZES 141, XORNALISMO EN TEMPOS DE BULOCRACIA

PEREIRO, XOSÉ MANUEL, RIVAS, MANUEL

REVISTA LUZES 139, O CANTAR NO TEMPO
REVISTA LUZES 139, O CANTAR NO TEMPO

PEREIRO, XOSÉ MANUEL, RIVAS, MANUEL

REVISTA LUZES, 134: VALENCIA, TEMPO EN CONTRA. NOVEMBRO 2024
REVISTA LUZES, 135: A INTELIXENCIA QUE CHEGA
REVISTA LUZES, 135: A INTELIXENCIA QUE CHEGA

PEREIRO, XOSÉ MANUEL, RIVAS, MANUEL

Otros libros de la colección NARRATIVA

ASKJA
ASKJA

978-84-1110-695-5

FRAGA, MANUEL A.

OBRAS PÓSTUMAS, AS
OBRAS PÓSTUMAS, AS

978-84-1110-693-1

GIRALDEZ, DIEGO

66
66

978-84-1110-696-2

QUEIPO, XAVIER

COMPOSTELA
COMPOSTELA

978-84-1110-697-9

AUTORES VARIOS

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

SARELA
SARELA

978-84-128407-9-7

TOJO, MARGA

TEMPO DE AMORAS
TEMPO DE AMORAS

978-84-128932-6-7

TEREIXA ROCA

TREBÓN DO NORTE, O
TREBÓN DO NORTE, O

979-13-990202-2-9

AGUNTIN AGRA

ODIO    (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)
ODIO (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)

978-84-1176-472-8

ROMERO DE ÁVILA, GABRIEL