Avanzada

Libros

GANGA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

GANGA

978-84-8302-724-0 / 9788483027240

DESCATALOGADO

Comentarios

Ganga, a última achega narrativa de Antón Lopo, ten un dono e señor que é o propio Ganga, un protagonista ácrata e excesivo que conduce ao lector a unha aventura sen retorno. Ganga, un gordecho psicotropicómano de cento vinte quilos, enleado nunha trama de narcotraficantes e comunidades secretas de intelixencia que procuran a felicidade perpetua, emprende unha viaxe na procura do amor e da morte que o levará dende a súa Compostela, ao Hío, a Barcelona, a Compostela, de novo, e logo á India. Ganga viaxa para deixar atrás o seu pasado, buscando sempre o amor e o coñecemento da verdade, que se agacha tralas máscaras dos seus seres máis próximos.

Ganga é unha novela nómade, á que só se lle recoñecen ancoraxes xeográficas, porque a súa trama trepidante conduce a unha festa de xéneros, a unha itinerancia de rexistros por vieiros fragmentarios e paralelos. En Ganga todo é múltiple, aberto e posible, e por iso os traficantes de eternidade ou as comunidades secretas de intelixencia poden convivir no seu celme fantástico, con estructuras literarias propias do melodrama, da ciencia ficción, do xénero fantástico ou da road movie.

Novela de personaxe, -a suor de Ganga, o seu peso formidable, as súas alucinacións cheas de sentido enchoupan todo o volume-, Ganga ergue unha caste de estoicismo sereno que, nun constante cuestionamento da súa identidade, permítelle ao narrador ofertar un galano de poética neutralidade. O autor amosa o mundo como o ve, sen impoñer xuízos morais, rexeitando dogmas e imposicións, convencido de que a única forma de aprehender o mundo é non interferindo no que narra. En Ganga, onde aparece un amplo ronsel de personaxes secundarios, responsables en ocasións das teses e reflexións sobre o amor, o sexo ou a propiedade, flúen tamén as claves dunha mitoloxía contemporánea que Antón Lopo dispuxo nunha sorte de irónica espiral, un combate de mundos paralelos que non revelará as súas razóns e o seu sentido ata practicamente a fin do texto.

Otros libros del autor LOPO, ANTON

Portada No Disponible
DISTANCIA DO LOBO, A

978-84-129324-5-4

LOPO, ANTON

LAMPÍRICOS (DIARIOS 8) (EDICIÓN BILINGÜE GALLEGO - CASTELLANO)
DIARIOS [1] AZUL MONFORTE (CASTELLANO)
DIARIOS [1] AZUL MONFORTE (CASTELLANO)

978-84-125115-8-1

LOPO, ANTON

DIARIOS / 1 [AZUL MONFORTE]
DIARIOS / 1 [AZUL MONFORTE]

978-84-124563-1-8

LOPO, ANTON

Otros libros de la colección VARIAS

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES

978-84-9121-587-5

VERNE, JULES, PADRON, DANI

AS INXURIAS DA GUERRA
AS INXURIAS DA GUERRA

978-84-9782-446-0

BARREIRO RIVAS, XOSE LUIS

O CIDADAN DO MES
O CIDADAN DO MES

978-84-9782-384-5

AMEIXEIRAS NOVELLE, DIEGO

QUE MEDO MAMA RAQUEL
QUE MEDO MAMA RAQUEL

978-84-9782-380-7

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

OJOS DE AGUA
OJOS DE AGUA

979-13-87688-16-5

VILLAR, DOMINGO

NAIS
NAIS

978-84-9995-469-1

VALCÁRCEL, CHARO

ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL
ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL

978-84-1176-473-5

HARGUINDEY, HENRIQUE, BARRIO, MARUXA

AMAR AZAR
AMAR AZAR

978-84-1176-477-3

FRAIZ, JAVIER