En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común. Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de " Extenuación " ata o " Agardando a Monroi " , singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo. Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar indiferente. Literatura, evidentemente.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.