Avanzada

Libros

VELLOS TEMPOS. A FESTA DE ANIVERSARIO
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

VELLOS TEMPOS. A FESTA DE ANIVERSARIO

978-84-8302-362-4 / 9788483023624

DESCATALOGADO

Comentarios

Manuel Vieites García fixo a traducción de Vellos tempos e A festa de aniversario, dúas das pezas máis representativas de Harold Pinter, un dos autores máis trascendentais da dramaturxia inglesa contemporánea, que ocupa un lugar central na historia da literatura dramática do universo mundo.
Pinter, membro de Amnistía Internacional, ten alentado a creación de moi diversos foros de debate, sempre na defensa dos dereitos civís, da liberdade de expresión e contra a censura. Situado inicialmente pola crítica no ámbito do que se deu en chamar ?teatro do absurdo?, a súa obra reborda calquera tentativa de etiquetado e constitúe unha singular aproximación ó estudio da conducta humana e unha denuncia permanente das diferentes maneiras en que o totalitarismo invade e se instala na vida cotiá.
En Vellos tempos e en A festa de aniversario aparecen as tres cuestións claves para analizar a obra de Pinter: a ameza que permanentemente acosa ó individuo, do que xamais sabemos como vai aparecer e cales son as súas causas e finalidades; as dificultades para establecer unha comunicación entre os seres humanos que vai máis aló dos tópicos e dos lugares comúns cos que se inician as dúas pezas; e a imposibilidade de verificar ou dar por certos determinados acontecementos do pasado que condicionan o presente.
A dominación e a crueldade, xunto coa extrema fraxilidade do ser humano que pode ser destruído, desintegrado, nun simple instante, e non importa tanto saber que é o verdugo senón constatar que os verdugos existen, quizais sexa unha das conclusións que o lector poida tirar da lectura destas dúas excelentes pezas.

Otros libros la materia Literatura en lengua inglesa. Teatro.

Portada No Disponible
EL ALCAIDE DE SÍ MISMO

978-84-9192-525-5

CALDERÓN DE LA BARCA, PEDRO

Portada No Disponible
FUEGO DE DIOS EN EL QUERER BIEN

978-84-9192-522-4

CALDERÓN DE LA BARCA, PEDRO

Portada No Disponible
¿TE CASARÍAS CON ALGUIEN COMO TÚ?

978-84-1073-513-2

F. RUIZ, ALBERTO

Portada No Disponible
REGALANDO TEATRO BREVE

978-84-1097-578-1

PORTELLA RAMIS, DAVID