Avanzada

Libros

ESTREMA DERROTA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

ESTREMA DERROTA

978-84-8302-361-7 / 9788483023617

DESCATALOGADO

Comentarios

Unha temática urbana, contemporánea, universal é a que se percibe en Derrota, obra cronoloxicamente anterior a Estrema. Doce personaxes anónimos, oito homes e catro mulleres, no espacio indeterminado dun parque público, protagonizan unha serie de escenas aparentemente inconexas entre si que progresivamente van adquirindo sentido para chegar a unha coherencia final que lles proporciona significado. A corrupción, a identidade, o paso do tempo, as relacións humanas... o mundo da marxinación, a morte, a droga, a delincuencia, o amor, a esperanza no futuro, todo se presenta ante nós a través das situacións que viven os personaxes no parque. É unha obra moderna na súa forma, de actualidade na súa temática. É un texto ben escrito e construido, admirablemente dialogado, que utiliza referentes coñecidos e que sabe alternar o cotián co transcendente, evitando o transcendentalismo pero transmitindo de modo moi eficaz o contido cunha poderosa teatralidade.
Tamén hai teatralidade pura en Estrema, un texto redondo na súa forma e no tratamento da súa temática. Estrema é o linde de terras, a demarcación onde se dividen as herdades de distintos donos. Estamos ante un esbozo da Galicia eterna, contemplada con tráxica e amorosa mirada que teme a súa capacidade autodestructiva... Dous homes maduros -o da esquerda, o da dereita- serán, como os personaxes de Lugar, os polos de actitudes e vivencias opostas. O texto amósanos o protagonismo de dous mundos opostos, o da modernidade fronte ao da tradición, o campo fronte á cidade (e a necesidade de arredar dela), a falacia dunha ideoloxía progresista urbana fronte á realidade do traballo físico no agro. Estamos ante unhas terras que se venden... unha pedra sinala a demarcación en venda... É unha pedra que sinala tamén os niveis da tolerancia humana. Un metro e medio de terra será metáfora dun abismo, dos límites da existencia, da luz, da escuridade, do silencio, do podá... o da razón, o da pedra, eterna, inamovible.

Otros libros la materia Literatura gallega. Teatro.

PROCESO, O / APAGA O CANDIL
PROCESO, O / APAGA O CANDIL

978-84-1176-478-0

PAZÓ, CÁNDIDO

ACTOS E AS PROFECÍAS, OS
ACTOS E AS PROFECÍAS, OS

978-84-453-5492-6

BAÑO, XACIO, CANOSA, TAMARA

FARO, O
FARO, O

978-84-9995-465-3

LABRAÑA BARRERO, CARLOS IGNACIO, AÑÓN, LORENA

MANCHEA
MANCHEA

978-84-9995-464-6

CID FREIRE, ANDREA