Avanzada

Libros

AGNUS PATRIS
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

AGNUS PATRIS

978-84-8302-745-5 / 9788483027455

DESCATALOGADO

Comentarios

Teodosio, o pai; Orestes, o fillo; e Diana, a súa namorada son os tres protagonistas de Agnus patris, unha breve e intensa traxedia, que arranca argumentalmente dos aconteceres dunha cea intrascendente de familia. Unha obra que demostra que, aínda hoxe, a traxedia se amosa como esencia do mundo.
"Cunha economía máxima de recursos, unha linguaxe escénica que non ten medo a reivindicar a vixencia da herdanza simbolista e unha voz dramática que parte da trivialidade da fala cotiá para desembocar na plural densidade de significacións da poesía, o texto de Afonso Becerra eríxese nunha proposta singular no panorama das escrituras ibéricas actuais. É un texto que quere ser cifra de aspectos centrais do tempo que o fai posible, pero non xoga a carta do formalismo estéril, nin da parábola política, nin da comedia de costumes.
A escritura de Afonso Becerra dótase dos recursos necesarios para enfrontarse a un aspecto importante da paisaxe emocional da súa xeración e da súa época, e por iso xoga a carta da expresión oblicua e da linguaxe densa. Pero o retrato que obtén é implacable. E é que hai unha rara sabedoría nesta escritura aínda temperá: a sabedoría de que a natureza do misterio é a natureza da vida, e que facela posible é e será a clave de calquera futuro desexable. A sabedoría de construír con todo isto carne de escenario", son algunhas das palabras coas que o dramaturgo catalán Joan Casas cualifica esta primeira obra de Afonso Becerra.

Otros libros la materia Literatura gallega. Teatro.

PROCESO, O / APAGA O CANDIL
PROCESO, O / APAGA O CANDIL

978-84-1176-478-0

PAZÓ, CÁNDIDO

ACTOS E AS PROFECÍAS, OS
ACTOS E AS PROFECÍAS, OS

978-84-453-5492-6

BAÑO, XACIO, CANOSA, TAMARA

FARO, O
FARO, O

978-84-9995-465-3

LABRAÑA BARRERO, CARLOS IGNACIO, AÑÓN, LORENA

MANCHEA
MANCHEA

978-84-9995-464-6

CID FREIRE, ANDREA