Avanzada

Libros

MORTE DUN VIAXANTE
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

MORTE DUN VIAXANTE

978-84-8302-740-0 / 9788483027400

DESCATALOGADO

Comentarios

Willy Loman traballou como viaxante de comercio durante toda a súa vida para conseguir o que todo home desexa: mercar unha casa, educar aos seus fillos e proporcionarlle unha vida digna a súa muller, Linda. Ten sesenta anos e, extenuado, pide un aumento de soldo, pero llo negan e acaba sendo despedido "polo seu propio ben", pois xa non rende no seu traballo como antes. Todo parece derrubarse para Willy: non poderá pagar a hipoetca da casa, e por riba, os seus dous fillos Biff e Happy, non conseguen abrirse camiño na vida. ¿Non se sacrificou Willy para que estudiasen e gañasen unha posición? A medida que avanzan as horas, os problemas de Willy Loman medran de xeito imparable, pero o viaxante vive outra realidade, noutro mundo: ¡soñou tantas cousas!... Foi un bo traballador, un bo pai e home: ¿onde está o erro?, ¿nel ou nos demais? ¿como pode mellorar a súa situación?
"A traxedia de Willy Loman reside en que deu a súa vida ou a vendeu para xustificar que a estragara", escribiu Arthur Miller, quen a propósito da triste vixencia desta obra dixo: "Que siga habendo tantos Willy Loman no mundo se debe a que o home se somete ás necesidades da sociedade e da tecnoloxía, aniquilándose como individuo. Pero a obra trata de algo aínda máis primitivo. Como moitos dramas clásicos, é unha historia sobre a violencia no seo das familias". Morte dun viaxante é un dos textos dramáticos máis importantes do século XX -incorporada á colección de Libros do CDG, coeditada por Xerais e o IGAEM, en traducción de María Xosé Moia Ansede-, non só polos seus valores dramáticos, senón por que ademais asistimos á mirada de Miller sobre as miserias e grandezas, sobre as serviduemes e as glorias do pobre home de a pé que se deixa enganar polo espello dunha sociedade aparentemente libre, pero que en realidade non o é.

Otros libros la materia Literatura gallega. Teatro.

FABRICA DE FUME
FABRICA DE FUME

979-13-990985-1-8

ANA, CELINA

NON SON MODOS
NON SON MODOS

978-84-10324-98-5

GRAÑA MUIÑO, JOSE LUIS

A BURRA, A MESA E O PAU
A BURRA, A MESA E O PAU

978-84-453-5521-3

CONDE, LORENA

NADA SE SABE
NADA SE SABE

978-84-453-5523-7

LOURENZO, MANUEL, GARCIA, IGNACIO, REI, FRAN