En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Baixo a autoría do arquitecto Xaime Garrido Rodríguez e o profesor Xosé Mª Ramón Iglesias Veiga, o libro Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista, presenta a vida e a obras dun arquitecto vigués de grande importancia na historia da arquitectura galega. Xenerosamente ilustrado, nunha edición fermosa, e subvencionado polo Concello de Vigo, o libro leva un prólogo do ilustre galeguista e escritor Don Francisco Fernández del Riego, explicando as circunstancias da vida do arquitecto Gómez Román, a quen tratou con asiduidade. Logo, os autores analisan tanto a súa vida como, sobre todo, a súa obra arquitectónica, tanto a realizada como a imaxinada, da que deixou constancia en numerosos debuxos e bocetos.
Segundo Francisco Fernández del Riego, Gómez Román, nacido en Vigo en 1876, puxo teima en desentrañar as esencias e os signos da tradición na arte monumental de Galicia, e foi un constante recreador do espacio arquitectónico galego, ben dentro das liñas do modernismo, ben dentro da evolución que o levou cara a corrente rexionalista. Destacouse como un dos protagonistas do Vigo do seu tempo, e chegou a ser Secretario Xeral do Partido Galeguista (o seu derradeiro secretario xeral).
Entre as obras máis coñecidas de Manuel Gómez Román destacan a Panificadora de Vigo, a capela de A Guía, o edificio Simeón, o edifico do Banco de Vigo (actual Banco Pastor), o monumento de Monteferro, numerosos chalés, pazos e edificios do centro da cidade, o Hospital Municipal de Vigo, o coñecido edificio Mülder de Montero Ríos, a fábrica de Alfageme...
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.